Fogar do Santiso

Restaurante
O Fogar do Santiso é un restaurante a tan só 10 km de Santiago de Compostela. Un lugar de referencia gastronómico e cultural en Galicia. Situado nun entorno rural, enxebre e orixinal, reflexo do noso pasado máis celta.
A nosa gastronomía basase nos productos ecolóxicos das nosas hortas, ademáis das carnes de porco ibérico (churrasco, presa, lombo…) e productos da nosa ría (polbo a feira, mexillóns, ourizos…) elaborados con carbón nos nosos fornos e parrillas. Non nos podemos olvidar tampouco da nosa repostería e dos nosos propios augardentes da casa (toxo, café, herbas, cereixa, chiculate…). Todo isto acompañado cunha boa selección de viños e zumes ecolóxicos.
Ademáis poderás disfrutar na noite do sábado da queimada co conxuro e a música tradicional en directo.
O longo do ano celebramos festas tradicionais como os Carnavais, San Xoán, a Malla, o Magosto… e festas gastronómicas como a festa do polbo, a festa do churrasco, festa do pemento…
Dispoñemos tamén dunha tenda de productos típicos de Galicia: xoguetes educativos de madeira, artesanía en porcelana e barro…
Se queres saber como chegar recorda que estamos a tan só 10 km. da catedral de Santiago de Compostela e a 3 km. do Camiño Portugués.

