Casa de Coira


Cerca de Santiago de Compostela, no Milladoiro, e a tan só 3 km do centro, atopámonos con Coira, un lugar afastado, onde poderemos disfrutar da tranquilidade que nos ofrece a natureza e coas comodidades de estar situada moi preto do centro e moi ben comunicada.
Esta casa de Coira está rehabilitada con criterios de bioconstrucción e consta de 3 dormitorios, 2 baños, unha sala de lectura con galería, cociña, salón e un salón estudo. Aparte, ten unha terraza con varias pérgolas nunha finca pechada e axardinada.
Servizos
A casa dispón de calefacción, baño completo, baño auxiliar e cociña totalmente equipada con todo tipo de menaxe. Ofértanse 10 prazas, onde 8 son camas con colchóns de látex e futóns de algodón, e outras 2 máis en sofá cama.
Situación
Atópase situada a tan só 3 km do centro de Santiago de Compostela e a menos de 500 metros dun gran centro de poboación en continuo desenrolo. A menos de 1 km tamén dispoñemos de zonas de ocio e varios centros comerciais, pero a pesar de estar ben comunicada a casa ofrece as comodidades da natureza, e unha vida tranquila apartada do estrés da cidade, sempre, sen renunciar aos seus beneficios. Tamén conta con zonas verdes e rutas de sendeirismo sinalizadas a menos de 100 metros.
Tarifas
Tempada baixa: 200 €
Tempada alta: 250 €
Contactos:
T 981 80 59 85 / M 686 45 41 93
E-mail: fogar @ fogardosantiso.es
Tempada alta: Nadal, Semana Santa, festivos e verán.
Tempada baixa: resto do ano.
Consultar dispoñibilidade.
Galería fotográfica
Se desexa ver máis fotos desta casa, faga click aquí para descargar o PDF.



