Casa de Soigrexa


No Val da Mahía, no Concello de Brión ó mesmo pé das campás de Bastavales, atopámonos co lugar de Soigrexa. Nesta aldea recuperamos unha parte da historia escrito en sillares de pedra, pesebres, viñedos…
Esta casa conta con 3 habitacións, dous baños, un aseo, salón e cociña. No exterior, dúas terrazas; unha ó nacente e outra ó poñente, unha pérgola para gardar os coches e unha finca pechada con viñedos onde poder disfrutar da natureza.
Servizos
A casa dispón de 8 prazas, calefacción, baño completo, cociña totalmente equipada (lavalouzas, nevera, forno, microondas…). Todo tipo de menaxe e zona de lavandeiría (lavadora, secadora).
A biblioteca posee libros e unha zona acondicionada para a lectura.
No exterior dispón dunha zona con parrilla para barbacoas e dúas terrazas onde disfrutar da natureza.
Situación
A poucos metros desta casa atópase a famosa igrexa de Bastavales, da cal Rosalía de Castro menciona nun famoso poema seu, e a só 5 km. atopamos o campo de Golf Val de Rois.
Veciño deste concello atópase Padrón, onde está a vila histórica de Iria Flavia e a Casa Museo de Rosalía de Castro xunto co xardín botánico de Padrón.
A casa de Soigrexa sitúase a tan só 10 min. de Santiago de Compostela e a 30 min. das praias.
Tamén pódese disfrutar dun balneario a escasos quilómetros así como de varios clubes de hípica para disfrutar de paseos a cabalo.
Tarifas
Tempada baixa: 160 €
Tempada alta: 200 €
Contactos:
T 981 80 59 85 / M 686 45 41 93
E-mail: fogar @ fogardosantiso.es
Tempada alta: Nadal, Semana Santa, festivos e verán.
Tempada baixa: resto do ano.
Consultar dispoñibilidade.
Galería fotográfica
Se desexa ver máis fotos desta casa, faga click aquí para descargar o PDF.



