Historia – Realidade


En Maio de 1996 naceu o “Fogar do Santiso”, no lugar que foi entorno de vida e actividade da familia Santiso. Xosé Santiso, poeta, músico e namorado da súa herdanza e tradición, contribuiu á recuperar a historia e as lembranzas do lugar e amosou unha proposta filosófica que pretendía rachar coa perda dos referentes culturais galegos.
O Fogar do Santiso leva desde o ano 1996 sendo unha referencia na recuperación da cultura e da tradición do noso país. Milleiros de galeg@s de dentro e fora da Galiza, ademais dunha inxente cantidade de extranxeiros, levan sentindo nestes anos as lembranzas da cultura de aldea e vivindo en directo unha experiencia de degustación de produtos típicos e celebración da realidade cultural e histórica da Galiza e os seus sinais máis identificativos.

