O cocido do Fogar

O cocido do Fogar cos grelos e patacas da nosa horta.

vinde a probar o noso cocido con carne de porco ibérico, con grelos e patacas ecolóxicas e despois podedes tomar as filloas de postre; con mel, con nata ,con chocolate ou acompañando o cocido.

Podedes mirar as fotos do cocido na nosa galeria.

As brasadas de esta temporada, da nosa horta.

Durante este mes estamos a cociñar brasadas de coliflor con bechamel e queixo,brasadas de cabaciña e porsuposto tamén, a nosa crema de cabaciña. Vinde a probar os novos platos.

visitade  as fotos dos platos na nosa galeria.

As filloas ecolóxicas do fogar

Fanse no noso obradoiro en filloeiros tradicionais. Facemos 21 filloas á vez, e os seus ingredientes son: fariña, ovos, sal e auga.

Podedes ver as fotos das filloas na galería.

Convidámosvos a que veñades a probalas xa que é o producto estrela do entroido xunto co noso cocido.

xornadas gastronómicas do inverno. Cocido.
xornadas gastronómicas do inverno. Cocido.

Xa podes ver o novo video das xornadas gastronómicas do Fogar do Santiso deste inverno.

Na nova carta podedes atopar o noso clásico cocido de porco ibérico, a cacheira de porco ibérico, grelos…

Ven a degustar os nosos productos desta tempada.

Podedes ver o vídeo no seguinte enlace:

http://www.youtube.com/watch?v=mSQ8kqGfsDg&feature=youtu.be

Nova carta gastronómica de tempada

Xa estamos coa nova carta de tempada. Nesta carta temos o cocido de porco ibérico con patacas e grelos das nosas hortas. Xunto co viño novo, filloas ecolóxicas e novos postres de tempada.

Ademáis xa podedes probar o novo viño barrantes ecolóxico.

Este próximo día 30 de outubro, como tódolos anos, celebraremos no Fogar do Santiso a “esfollada do millo” e o “magosto”.
Estades todos convidados a pasar o día connosco e degustar as castañas e a música tradicional galega que teremos en directo para todos vos.

Un pouco de historia da esfollada…

O millo é un cereal que se cultiva en Galicia polo menos dende o século XVII. Seméntase en abril e maio e sáchase en xuño para sacarlle as malas herbas, e en xullo raréase. Logo, no mes de agosto cando a espiga xa está ben lograda, sácanse os curutos e as canas que non teñen espiga. Xa en setembro ou outubro, antigamente recollíase coa axuda dos veciños ou de xornaleiros, polo que a esfolla remataba nunha foliada.
As espigas logo gardábanse no hórreo para todo o ano, e as follas do millo usábanse para botar os animais.

… e un pouco de historia do magosto…

O magosto é unha festa tradicional de Galicia. E os elementos fundamentais son o lume e a castaña. A festa consiste en realizar unha fogueira e unha vez temos as brasas, exténdense as castañas ás que previamente se lles realiza un corte no extremo para que non salten e exploten.
Ademáis nalgunhas zonas aprovéitase a ocasión para degustar o novo viño da nova colleita.

Este venres día 30 de setembro no Fogar do Santiso celebramos o comenzo das xornadas de outono.

Teremos actuacións de gaiteiros, ademáis do noso mercado cos productos da horta, e pementos e queimada de balde para todos vos.

Presentaremos a nova carta de outono onde podedes degustar das nabizas con porco ibérico, as cabazas, o millo e as sobremesas de noces e castañas acompañado dun bo viño.

Estades todos convidados a celebrar connosco estas xornadas de outono.

O vindeiro sábado 6 de agosto celebraremos a festa da malla, unha das festas máis importantes na tradición da nosa cultura. Pola tarde rematarase de facer o palleiro. Ademáis teremos pinchos e gaiteiros para amenizar o día. Estades todos invitados a esta tradicional festa.

Historia da malla

Un dos traballos máis importante da nosa agricultura rural, é a malla. O obxetivo da malla é separar os grans de trigo da espiga e da palla. Para realizar este traballo era preciso que tódolos veciños da parroquia participaran, se querían que logo os axudaran a el, co cal conseguían que durante un longo período de tempo todo o pobo traballara exclusivamente na realización deste traballo, conseguindo o trigo, o centeo, a cebada, etc. para facer o pan ó longo do ano e ca palla darlle de comer os animais.

Era un traballo moi duro xa que todo se facía a man. Os homes golpeaban o cereal co monlle –instrumento composto por dous paos de diferentes tamaños– mentres que as mulleres dedicábanse a separar e escoller o gran.

Despois deste duro traballo sempre se comía e convertíase nunha verdadeira festa, a festa da malla.

Foto antigua da Festa da Malla no Fogar do Santiso

Foto antigua da Festa da Malla no Fogar do Santiso

Foto antigua da Festa da Malla no Fogar do Santiso

No Fogar do Santiso despois de 15 anos de andaina xa levamos tres cunha explotación hortícola dunhas 7 hectáreas de cultivo para o noso abastecemento. Cultivamos sen pesticidas nin abonos químicos e con técnicas tradicionais respetuosas co medio ambiente. É parte do noso compromiso co comer san, coa nosa Terra, co paladar dos nosos ancestros…

Os froitos das Hortas do Fogar degústanse nas nosas brasas, en empanadas, croquetas, ensaladas, tempuras, no forno ou fritidos como os pementos de padrón ou arnoia.

O próximo venres día 22 de xullo ás 20:30 h. faremos un percorrido guiado polas hortas. Haberá pementos fritidos de balde para todos os que se acheguen.

Ademáis teremos música de gaiteros e charangas para pasar unha boa noite.

¡¡ Agardámosvos para que celebredes con nosco un bon ano de colleita!!.

Hortas do Fogar

Hortas do Fogar

Cadro Artístico Airiños de Rianxo. Asados.

No Fogar do Santiso o próximo sábado 15 de xullo ás 21:00 h. presentarase o libro do 75 Aniversario do Cadro Artístico Airiños, clube de teatro máis antigo de Galicia.

Ao longo destes 75 anos de traxectoria foron moitos os obstáculos que Airiños tivo que superar, pero tamén foron moitos os bos momentos que viviron as máis de duascentas persoas que formaron parte desta agrupación de Asados.

Este libro de 160 páxinas recopila as vivencias e experiencias dos actores que pasaron por este grupo decano de teatro, así como elementos gráficos, fotografías, artigos de prensa, cartas e colaboracións deste grupo rianxeiro, dividíndoa en distintas etapas.

Ademáis este libro xa conta con dous premios de deseño, un estatal e outro de caracter internacional.

Este próximo sábado ademáis contaremos coa actuación dos actores de Airiños e os gaiteiros Xose e Maruxa dos Rosales.

Portada do libro do 75 ANiversario do Cadro Artístico Airiños de Rianxo. Asados.