No Fogar do Santiso despois de 15 anos de andaina xa levamos tres cunha explotación hortícola dunhas 7 hectáreas de cultivo para o noso abastecemento. Cultivamos sen pesticidas nin abonos químicos e con técnicas tradicionais respetuosas co medio ambiente. É parte do noso compromiso co comer san, coa nosa Terra, co paladar dos nosos ancestros…

Os froitos das Hortas do Fogar degústanse nas nosas brasas, en empanadas, croquetas, ensaladas, tempuras, no forno ou fritidos como os pementos de padrón ou arnoia.

O próximo venres día 22 de xullo ás 20:30 h. faremos un percorrido guiado polas hortas. Haberá pementos fritidos de balde para todos os que se acheguen.

Ademáis teremos música de gaiteros e charangas para pasar unha boa noite.

¡¡ Agardámosvos para que celebredes con nosco un bon ano de colleita!!.

Hortas do Fogar

Hortas do Fogar

Cadro Artístico Airiños de Rianxo. Asados.

No Fogar do Santiso o próximo sábado 15 de xullo ás 21:00 h. presentarase o libro do 75 Aniversario do Cadro Artístico Airiños, clube de teatro máis antigo de Galicia.

Ao longo destes 75 anos de traxectoria foron moitos os obstáculos que Airiños tivo que superar, pero tamén foron moitos os bos momentos que viviron as máis de duascentas persoas que formaron parte desta agrupación de Asados.

Este libro de 160 páxinas recopila as vivencias e experiencias dos actores que pasaron por este grupo decano de teatro, así como elementos gráficos, fotografías, artigos de prensa, cartas e colaboracións deste grupo rianxeiro, dividíndoa en distintas etapas.

Ademáis este libro xa conta con dous premios de deseño, un estatal e outro de caracter internacional.

Este próximo sábado ademáis contaremos coa actuación dos actores de Airiños e os gaiteiros Xose e Maruxa dos Rosales.

Portada do libro do 75 ANiversario do Cadro Artístico Airiños de Rianxo. Asados.

Cartel da Festa de San Xoán 2011

O próximo día 23 pola noite poderedes disfrutar dunha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que agocha o noso folclore, a nosa cultura.

Achégate ao Fogar do Santiso para degustar de sardiñas con pan de millo ademáis da tradicional queimada con conxuro despois da fogueira. Ademáis teremos música en directo, os “Esfolladores de Illobre” para acompañar a festa.

¡¡ En San Xoán meigas e bruxas fuxirán !!

Novas da carta

Na nova carta de xuño destacamos as carnes de ibérico como a presa, o lombo ou o touciño. Tamén os novos productos de tempada da nosa horta.
Ademáis, dos clásicos: mexillóns abertos na brasa ou os típicos chicharróns de porco e a empanada de centeo de polbo con algas.

Polbo das Rías logotipo

O Fogar do Santiso está adscrito á marca colectiva “Polbo das Rías” que promove a Cofradía de Bueu apostando por unha marca de polbo procedente da pesca artesanal nas nosas Rías Baixas que garante a súa orixe desde a súa pesca. Detrás de Polbo das Rías atópase un nutrido número de embarcacións de pesca artesanal dedicadas á extracción de polbo nas ricas Rías Baixas galegas, que traballaron durante os últimos anos na procura de alternativas que permitan diferenciar e garantir a calidade ao consumidor do polbo que capturan.

A Marca Colectiva Polbo das Rías garantiza,

  • Un control da calidade do polbo desde a súa captura (control en laboratorio dos parámetros de hixiene).
  • Orixe do polbo capturado nas ricas augas das Rías Baixas galegas.
  • Procedencia da flota artesanal galega.
  • Identificación individual de cada polbo: trazabilidade individual.
  • Procedencia exclusivamente de pesca extractiva.
  • Polbo das Rías é ademais unha ferramenta para mellorar a explotación e xestión de polbo procedente da pesca artesanal, e con iso manter esta actividade, os pescadores, as súas familias, garantindo o relevo xeracional na pesca artesanal, un patrimonio cultural en Galicia.

Esixir a garantía de orixe e trazabilidade é consumir responsablemente.

Esixir a etiqueta do teu polbo, e garantía de calidade.

Polbo das Rías cartel

Casas do Fogar

Casa de Soigrexa
Dende hoxe xa podedes disfrutar das novas casas do Fogar que poñemos á vosa disposición. Temos 2 casas totalmente equipadas:

  • Casa de Soigrexa (8 prazas)
  • Casa de Coira (10 prazas)

Nestas casas disfrutaredes da tranquilidade que nos ofrece a natureza e coas comodidades de estar moi preto dos centros das poboación. Todas están completamente equipadas: calefacción, baño, cociña…
Casa de Coira
Recordade consultar a dispoñobilidade das mesmas nas datas que desexedes informándoos previamente.
Tedes máis información no novo apartado de “Casas do Fogar“.

Durante esta tempada podedes disfrutar ademáis da nosa ampla carta, productos destas datas:
– Lacón con grelos
– Orella con grelos
– Caldo
– Filloas con chourizo
– Croquetas de lacón


Novo cartel apertura 2011

O novo horario de apertura do Fogar do Santiso é:

13:00 h  a  18:00 h
20:00 h a  01:00 h

Estaremos abertos todo o ano de venres a domingos, así como festivos e vísperas de festivos.

De xuño a setembro abrimos tódolos días.


Xornadas da nabiza

nabizasNo mes de novembro deron comenzo as “Xornadas da Nabiza” que podedes degustar no noso restaurante. Nabizas cultivadas das nosas Hortas do Fogar.

Xornadas da Nabiza:

- Lacón con nabizas

- Orella con nabizas

- Crema de cabaciña con nabizas

- Salteado de nabizas con setas

- Revolto de nabizas

- Croquetas de nabizas

- …

A nova carta do Fogar preséntase cunha renovación importante: unha gran parte dos produtos son de orixe ecolóxica. As verduras e hortalizas están cultivadas nas nosas hortas ecolóxicas; traballamos con técnicas tradicionais de respecto ao medioambiente, este é o noso compromiso de comida sana para as mesas do Fogar do Santiso.

Invernadero del Fogar

Novas ofertas gastronómicas, con propostas desde as nosas hortas ás nosas brasas como: “brasada”, “ensalada templada”, “pizziña” e “empanada”; novos postres, bebidas e unha ampla oferta de viños ecolóxicos; conforman unha oferta de alimentación sana que se complementa cos nosos pratos clásicos.

Nova carta ecolóxica