Gastronomía

O restaurante Fogar do Santiso ofrece unha ampla variedade de produtos, estando a combinar a degustación da cociña tradicional galega coa proposta de novos pratos de orixe ecolóxica.
O noso restaurante apresenta unha proposta diferente para que poidas compartir a exaltación gastronómica dunha comida cos teus amigos ou familia.
O pracer de comer coas mans é un compromiso co paladar dos nosos ancestros.
Produtos primeira calidade y de orixe ecolóxica.
O noso empeño por garantir a orixe e a trazabilidade dos alimentos, lévanos a elixir produtos de calidade, preferentemente do noso pais, sendo a maior parte dos produtos da carta de orixe ecolóxica. As verduras e hortalizas dos nosos pratos proceden das nosas hortas ecolóxicas.
Obradoiros artesáns / licores
Elaboramos de xeito artesán produtos alimenticios da nosa carta e distintas variedades de licores.
Conxuro – queimada
Todos os sábados pódese asistir de balde á celebración do conxuro e á degustación da queimada tradicional galega. Tamén pódese solicitar, previa reserva, para grupos ou celebracións.

