Este próximo día 30 de outubro, como tódolos anos, celebraremos no Fogar do Santiso a “esfollada do millo” e o “magosto”.
Estades todos convidados a pasar o día connosco e degustar as castañas e a música tradicional galega que teremos en directo para todos vos.

Un pouco de historia da esfollada…

O millo é un cereal que se cultiva en Galicia polo menos dende o século XVII. Seméntase en abril e maio e sáchase en xuño para sacarlle as malas herbas, e en xullo raréase. Logo, no mes de agosto cando a espiga xa está ben lograda, sácanse os curutos e as canas que non teñen espiga. Xa en setembro ou outubro, antigamente recollíase coa axuda dos veciños ou de xornaleiros, polo que a esfolla remataba nunha foliada.
As espigas logo gardábanse no hórreo para todo o ano, e as follas do millo usábanse para botar os animais.

… e un pouco de historia do magosto…

O magosto é unha festa tradicional de Galicia. E os elementos fundamentais son o lume e a castaña. A festa consiste en realizar unha fogueira e unha vez temos as brasas, exténdense as castañas ás que previamente se lles realiza un corte no extremo para que non salten e exploten.
Ademáis nalgunhas zonas aprovéitase a ocasión para degustar o novo viño da nova colleita.