Os Ameios

LOGO OS AMEIOS

A Asociación Cultural sen fin de lucro “Os Ameios” foi constituida no ano 2002 e xurde ao abeiro do espazo e a actividade do restaurante “O Fogar do Santiso”.

Son os seus fins principais:

  • Estimular, promover, e apoiar todos os temas relacionados coa cultura galega, o intercambio de experiencias e de coñecementos; nas súas diferentes dimensións: oral, escrita, gráfica, musical audiovisual, e mesmo inmaterial.
  • Valorizar e salientar a recuperación do patrimonio da cultura popular e da etnografía da comarca do Concello de Teo, por ende de toda Galicia; incidindo no traballo artesán, a música e as actividades tradicionais de aldea.
  • Visibilizar e difundir propostas de traballo e actividades de promoción da sustentabilidade, nas súas dimensións ecolóxica, económica e social.
  • Tomar conciencia da nosa realidade perante un escenario de transición cara outra sociedade máis sustentable e facer partícipe a toda a poboación.
  • Promover e establecer redes de apoio e intercambio de coñecementos e experiencias no eido da sustentabilidade a escala local e bio-rexional.
  • Chamar a atención sobre o valor da educación para a sustentabilidade para toda a familia, estando a incidir especialmente no público infantil.

A Asociación cultural Os Ameios, na procura dos seus obxectivos, ha organizado as Xornadas TERRA e CULTURA Sustentable durante o outono de 2009.

Visibilizar e difundir propostas de traballo e actividades de promoción da sustentabilidade, nas súas dimensións ecolóxica, económica e social.

Tomar conciencia da nosa realidade perante un escenario de transición cara outra sociedade máis sustentable e facer partícipe a toda a poboación.

Promover e establecer redes de apoio e intercambio de coñecementos e experiencias no eido da sustentabilidade a escala local e bio-rexional.
Chamar a atención sobre o valor da educación para a sustentabilidade para toda a familia, estando a incidir especialmente no público infantil.
A Asociación cultural Os Ameios, na procura dos seus obxectivos, ha organizado as Xornadas TERRA e CULTURA Sustentable durante o outono de 2009