Terra e Cultura

O Fogar fica nun entorno de aldea e bosque, con diferentes árbores autóctonas, construcións de madeira e a presenza permanente da pedra.

Muiño, fonte e regato, ilustran coa auga todo un espazo de recreación do enxebre e da natureza.

Un imaxinario de ensoñación da poesía, da música e da vida de aldea, leva ao visitante a lembrar os referentes culturais da Galiza e do noso pasado celta.

Natureza e Ocio

Toda a familia ten o seu espazo de disfrute e lecer. Xogos infantiles, terraza ao ar libre e natureza son referencias no entorno do Fogar do Santiso.

Arte e Cultura

A artesanía, a poesía, a música tradicional… teñen privilexio no entorno do Fogar, un compromiso para a exaltación da cultura en xeral e a creación artística.

Actividades

Ao longo do ano e dende a nosa orixe, celebramos diferentes festas vencelladas co noso pasado cultural e labrego:

  • O entroido (febreiro)
  • Os maios (maio)
  • A noite de San Xoán (23 de xuño)
  • A malla (finais de agosto)
  • A esfollada do millo e o magosto (outubro)
  • O aninovo Celta: O Samaín (1 de novembro)

Outras propostas vencelladas á nosa Terra e Cultura, terán no espazo do Fogar o seu entorno privilexiado, para a realización de actividades de educación para a Sustentabilidade.