Fogar de Galicia, Fogar do Santiso

Un espectacular local con teitos altos decorado con materiais reciclados alberga ó Fogar de Galicia na céntrica rua do Franco, en Santiago de Compostela.

Fogar de Galicia é a proposta de Fogar do Santiso para por en valor o producto ecolóxico galego e a cultura labrega galega, cun modelo baseado en cociña nas brasas á vista no que case a totalidade do produto é de producción propia ecolóxica e de tempada.

 

 

Nun ambiente cálido e acolledor creado con mobles e materiais recuperados en edificios que ian ser derribados ou en fábricas abandonadas, no Fogar de Galicia combinará duas ofertas, unha de tapeo e outra na que poderanse degustar verduriñas das suas hortas, carnes de razas autóctonas como a cachena ou a limiá e peixes e mariscos das rías galegas.

Una aposta polos sabores primarios cociñados no lume con tres tipos de brasa: parrilla vasca situada no centro do local, unha robata xaponesa para pinchos galegos na barra e un forno Josper. Os tres instrumentos referentes no eido da gastronomía  nas brasas.

Este novo proxecto pretende por en valor os productos con maior tradición en Galicia nun ambiente desenfadado cunha cociña honesta respetuosa coa tradición, coa terra e coa sustentabilidade.

 

Queimada en Santiago de Compostela

 

Seguindo coa tradición que lle deu sona ó Fogar, tódolos sábados ó mediodía e noite. E mais os domingos ó mediodía, facemos unha queimada acompañada dunhas pezas de gaita.

 

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies

Menú da Nosa Granxa

De luns a venres en tódolos nosos locais


 

This will close in 20 seconds