Fogar do Santiso abreu as portas en Maio do 1996 como proxecto familiar de restauración co obxetivo de por en valor a cultura galega, o rural e as tradicións labregas. Co paso do tempo convertíuse nun referente cultural e gastronómico en Galicia. A partires do 2007 comezou o camiño cara a sustentabilidade e como modelo na restauración e na dignificación do rural, comezando unha viaxe cara o autoabastecemento de materias primas pasando a ser produtor ecolóxico.

Aí replantexouse un Fogar a 100 anos, onde a difusión da cultura galega, a potenciación do consumo local e responsable, a defensa do medio ambiente e a recuperación das tradicións labregas fosen o eixo para contruír un futuro mellor para a nosa terra. Acadando un proxecto de gastronomía 360º baseado na economía circular e social como modelo para mellorar o planeta onde vivimos. No Fogar producimos, transformamos, alimentamos e reciclamos. Deixando unha mínima pegada ecolóxica e un residuo case cero.