Fogar do Santiso
Vodka de Millo Pego Ecolóxico Green Mixology
€27,99
O PRIMEIRO ORGANIC VODKA GALEGO
A máxima pureza do destilado de trigo de ciclo longo vese potenciada polo sabor do millo autóctono de Galicia, que nós mesmos cultivamos, xerminamos, fermentamos e destilamos para conseguir o equilibrio perfecto entre a neutralidade do trigo e os aromas do millo.
NOTA DE CATA
Transparente, limpo e cristalino, no nariz fino i elegante destacan as notas de cereal fresco que recordan a panadería artesana, con lixeiras notas cítricas e vexetais.
Na boca textura lixeiramente aceitosa, doce e suave que nos deixa unha agradable sensación sedosa, cun alcohol perfectamente integrado. Destaca a complexidade do millo autóctono galego aportando corpo e singularidade a un vodka cun postgusto longo e intenso a millo fresco.