Reserva a túa mesa
O Fogar en Santa Cristina
Fogar do Santiso Oleiros é un restaurante cunha gran terraza na praia de Santa Cristina, A Coruña. O local era un antigo viveiro de prantas restaurado e decorado seguindo os principios da bioconstrución e do ecodeseño. A súa orixinal ambientación mariñeira fai que sexa un dos restaurantes máis orixinais de A Coruña.
Este restaurante "farm to table", da granxa á mesa, é un restaurante ecolóxico e sostible, onde comer é unha experiencia para gozar dos sabores máis puros de Galicia, como en todos os restaurantes de Fogar do Santiso. O restaurante ofrece un concepto gastronómico con identidade propia do Fogar; “Cociña da Terra”.
Non busques un restaurante convencional!
Somérxete no universo FOGAR e goza dunha experiencia gastronómica única con identidade propia.
Gastronomía Ecolóxica km0
A nosa carta faise coas Verduras ecolóxicas que veñen a diario da nosa horta… co Polbo que traen os nosos mariñeiros da ría de Aldán… e sobre todo, coas nosas terneiras de razas autóctonas de Galicia criadas para o Fogar felices, en liberdade en ECOLÓXICO… nos mellores montes de Allariz, da Limia e do Xurés… que fan do Fogar do Santiso de Santa Cristina UN AUTÉNTICO TEMPLO DA CARNE. Pezas Sempre escollidas e maduradas adecuadamente nas cámaras do Fogar antes de levalas ás brasas de Oleiros… para rematar a sobremesa, os nosos xeados e postres artesanais... e para acompañar, os auténticos brebaxes ecolóxicos que elaboran os nosos Druidas; viños, vermú, sangría, cervexa Peregrina e licores do Fogar.
Goza dos sabores primitivos do noso concepto “Cociña da Terra”. Unicamente o noso produto local ecolóxico nas mellores brasas…
Onde estamos
Fogar do Santiso Oleiros
Av. Santa Cristina 15, 15172 Oleiros, A Coruña
oleiros@fogardosantiso.es
+34 674 48 64 26