Fogar do Santiso Eventos

Poñemos á tua disposición todos os nosos recursos para crear xuntos eventos únicos e memorables.

Agora podes apoiarte nos nosos restaurantes de Teo e Oleiros, ou no Fogar do Santiso Viaxeiro >, un completo cátering que se alberga no primeiro Food Trailer Orgánico do país.

Fogar do Santiso Viaxeiro > Bodas Máxicas

 

Nos nosos restaurantes de Teo e Oleiros, nas nosas carballeiras ou co noso catering. Un Food-Trailer ou propostas de menor envergadura pero non de menor espectacularidade sempre dotadas das mellores infraestructuras de cociña.

Cun plantexamento modular, que crece ou decrece según as necesidades, o noso servizo de eventos e catering baséase na gastronomía ecolóxica local e de tempada e a cultura rural galega. Unha oferta única e orixinal.

 

 

Viaxeiro> e a versión itinerante do Fogar do Santiso, un vehículo que transporta o espírito do Fogar do Santiso para conseguir ambientes máxicos en calquer ocasión: bodas, reunións, festivais, ou eventos de calquer tipo. O que precises. Personalizado. Sen límites. Sen fronteiras.

 

 

A oferta gastronómica está asociada ao producto de tempada e á dispoñibilidade da lonxa, mais dentro destas características adáptase ás necesidades de cada evento, porque entendemos que cada ocasión precisa ter personalización. Unha proposta que deseñamos man a man cos nosos clientes para que gocen dunha experiencia inesquecíbel.

O Viaxeiro>  adáptase ás sensibilidades máis particulares, ofertando opcións vexetarianas, veganas ou celíacas sempre co noso selo de identidade: cociña galega, honesta, ecolóxica e feita nas brasas.

 

 

O  catering Fogar do Santiso Viaxeiro > destaca pola sua versatilidade, podendo dar servizo gastronómico desde nun congreso, a nunha boda ou nun festival de música. Porque o noso concepto adáptase sen límites ás situacións mais diversas.

 

Fogar do Santiso Teo 

 

En Teo, nos arredores de Santiago de compostela hai un lugar máxico, retorto, esculpido na pedra e madeira. O emplazamento perfecto para crear un evento inesquencible, auténticamente galego. O Fogar do Santiso.

Agora coa posibilidade de amplificar a tua experiencia no Fogar co noso servizo de decoración para eventos, dámosche a posibilidade de personalizar os nosos espazos para crear un lugar máis único, se cabe.

Con cinco espazos diferenciados, no Fogar do Santiso Teo poderás crear eventos con distintos ambientes para que cada ocasión sexa única.

  • Carballeira. Sumérxete na corredoira e chega ata a fraga máxica para albergar o teu evento. Capacidade: 300 pax.
  • O Hórreo. Unha ampliación pensada para grupos grandes. Capacidade: 200 pax.
  • A Cova do Fogar. Antiga adega soterrada, para grupos pequenos é ideal para festas.
  • Viña: Baixo unha vide centenaria encóntrase este espazo ideal para pequenas celebracións e eventos de pé. Capacidade: 100pax.
  • A Terraza. Unha inmesa terraza con mobles feitos á medida ideal para os días de sol. Capacidade: 300 pax.

logo-4-light

 Estás pensando en casar? Chequea o noso perfil en bodas.net para coñecer os nosos servizos de bodas.

Leave a Reply

9 + 19 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies