Restaurantes ecológicos, sostenibles y pet-friendly en Galicia | Fogar do Santiso
Reserva a túa mesa

O Fogar do Santiso é un grupo gastronómico referente en restaurantes ecolóxicos e sustentables, e na difusión da cultura popular de Galicia desde o ano 1996.
Da nosa granxa ecolóxica á mesa! os nosos restaurantes ecolóxicos e petfriendly son pioneiros no concepto "Farm to table" en España.... Levamos máis de 20 anos producindo as nosas materias primas na nosa granxa ecolóxica en Teo.
O noso modelo circular promove a saúde, a cultura galega e a sustentabilidade económica, social e medioambiental. Estamos orgullosos das nosas tradicións Labregas e dos nosos produtos kilómetro 0 procedentes das nosas hortas ecolóxicas, da nosa gandaría criada en libertade e en ecolóxico, e do noso compromiso coas cofradías de pescadores locais.
Traballamos polo futuro da nosa Terra.
Seguiremos dignificando o rural sempre!

Petfriendly

Comida ecolóxica de tempada

Apto para Celíacos

Opcións Veganas
+29 anos dando a brasa


Pesca das nosas Rías
Establecemos acordos coas cofradías de pescadores das nosas rías e só ofrecemos pesca artesanal de baixura nos nosos restaurantes.

Da nosa granxa ecolóxica
A
carne que ofrecemos en todos os nosos restaurantes son de animais felices que pastan en
liberdade procedentes de razas autóctonas criadas en ecolóxico.
A Queimada é unha tradición popular galega.
Todos as noites son Noites Meigas en Fogar do Santiso Compostela.

O noso Druida facendo a Queimada co seu propio Conxuro... LUME!!!

O Fogar orixinal... Un lugar máxico rodeado de Natureza, un restaurante ecolóxico en Teo que é único, auténtico e inspirador que leva creando conciencia desde 1996... Somos ecoloxistas, Druídas, Labregas, músicos, poetas... persoas traballando pola nosa Terra.
FOGAR DO SANTISO TEO

A gastronomía do Fogar nun restaurante ecolóxico en pleno corazón de Santiago de Compostela, na Rúa do Franco. Único restaurante "farm to table" da capital de Galicia.

Recuperamos un punto de encontro gastronómico para xeracións de coruñeses, o restaurante O Bó do Santiso na contorna da Praza de Vigo recolle o relevo do tradicional mesón.

Restaurante ecolóxico e museo etnográfico en Allariz, ubicado na antiga fábrica de Vilanova do S.XVII á beira do Río Arnoia.

Restaurante ecolóxico aberto na tempada de verán para gozar da vida mariñeira na espectacular praia de Lapañán. Cociña da Terra co solpor máxico do Morrazo.
FOGAR DO SANTISO LAPAMÁN
A nosa cervexa
Descubre a auténtica cervexa do Camiño de Santiago. A nosa Rubia Galega e a Druida Tostada do Fogar.
Subscríbete á nosa Newsletter
Para estar ó día das novas do Fogar do Santiso
Os datos que rexistre, como interesado ou persoa que o representa, serán tratados por Fogar do Santiso, S.L., segundo o Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro ( LOPDGDD), para á subscrición á nosa newsletters, proporcionando o seu consentimento, en conformidade co artigo 21 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI). Pode solicitar máis información, darse de baixa e exercitar os dereitos de protección de datos fronte ao Responsable, no enderezo Lugar de Trasellas, 13 - 15886 Luou (A Coruña). Email: fogar@fogardosantiso.es. Máis información na Política de privacidade