Fogar do Santiso A Coruña novo restaurante sustentable na Praza de Vigo

Un novo restaurante sostible do Fogar do Santiso abre no centro da Coruña
9 de outubro de 2025 by
Fogar do Santiso
| No comments yet

Fogar do Santiso A Coruña é o novo restaurante de Fogar no centro da cidade.

 Fogar do Santiso está a reformar o antigo mesón O´bó nun espazo gastronómico e cultural que se alonxa das modas efémeras. Un restaurante diferente no que compartir, picar algo e gozar xuntos. 

Fogar do Santiso A Coruña non pretende ser un restaurante convencional. 

 Estamos a traballar para convertilo nunha taberna galega contemporánea que continúa a tradición das tapas e racións do antigo local pero cunha carta baseada no produto propio de Fogar, de produción ecolóxica que inclúe opcións veganas e vexetarianas das nosas hortas certificadas pola CRAEGA ademáis das carnes na brasa de razas autóctonas de Galicia da nosa gandería.

A Cociña con Cultura do Fogar chega ó centro da Coruña, nunha zona moi viva da cidade, na contorna da Praza de Vigo, nun local que forma parte da historia do barrio.

Estamos na  Rúa Menéndez y Pelayo, 18

An address must be specified for a map to be embedded


Fogar do Santiso 9 de outubro de 2025
COMPARTE ESTE post
Arquivo
Sign in to leave a comment