Fogar do Santiso: organización de eventos corporativos y teambuildings en Galicia
En Fogar do Santiso creamos eventos corporativos que son únicos, cheos de maxia e identidade. Deseñamos eventos para empresas, teambuildings ecolóxicos, incentivos sostibles e experiencias que nacen da cultura ancestral, da tradición rural e da esencia máis auténtica de Galicia. Druídas e labregas inspiran o noso Universo Fogar, onde o ancestral e o natural se atopan.
Os "Druida Planners" deseñamos e producimos eventos corporativos a medida, onde se misturan a tradición de Galicia e os noso valores de ecoloxía, sustentabilidade e respecto pola terra.
Porque celebrar tamén é render homenaxe á orixe e reforzar o compromiso coa contorna.
Feitizo do Fogar
Maxia, creatividade e alma para crear experiencias inmersivas que nos conectan coa terra, coa tradición e co pracer de compartir. Estilo Fogar do Santiso: auténtico, libre e transformador.
Espazos únicos
Descubre espazos auténticos, desde o noso Bosque Máxico, unha carballeira milenario, ata lugares que conservan a memoria e o carácter construtivo galego.
Druida Planners
Un equipo dedicado con 30 anos de experiencia deseñando e producindo eventos a medida: desde espectáculos gastronómicos, incentivos ou xornadas ata actividades de team building.

Solicita cita telefónica co noso equipo de eventos para recibir atención personalizada
Espectáculo Gastronómico
Vivencias ancestrais onde a cultura e os sabores primarios son os protagonistas. A nosa Cociña da Terra fusiona a tradición gastronómica galega, a agroecoloxía e o produto propio para crear auténticos espectáculos culinarios co selo Fogar.
Showcookings
A nosa forma de cociñar é un auténtico espectáculo arredor da maxia do lume, para gozar xuntos.
Música e espectáculo
Música tradicional galega en directo e posta en escena teatralizada que envolve ó público.
Queimada do Druida
Conxuros e pócemas das Meigas e Labregas para espantar os malos espíritos.
Máis alá do convencional
Sorprende ás persoas asistentes con propostas rompedoras e fai que vivan experiencias memorables.
O food tráiler máis grande de Europa equipado con todo o necesario para dar de comer a máis de 1000 persoas. O Viaxeiro leva a nosa cociña honesta, ecolóxica, local e de tempada a calquera lugar no que queiras celebrar un evento.

Solicita cita telefónica co noso equipo de eventos para recibir atención personalizada
Algúns dos nosos clientes
Sempre agradecidos
Cociña na brasa
Comida ecolóxica de tempada
Apto para Celíacos
Opcións Veganas
Subscríbete á nosa Newsletter
Para estar ó día das novas do Fogar do Santiso
Os datos que rexistre, como interesado ou persoa que o representa, serán tratados por Fogar do Santiso, S.L., segundo o Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro ( LOPDGDD), para á subscrición á nosa newsletters, proporcionando o seu consentimento, en conformidade co artigo 21 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI). Pode solicitar máis información, darse de baixa e exercitar os dereitos de protección de datos fronte ao Responsable, no enderezo Lugar de Trasellas, 13 - 15886 Luou (A Coruña). Email: fogar@fogardosantiso.es. Máis información na Política de privacidade



