Política de Privacidade

1. INFORMACIÓN AO USUARIO

 

FOGAR DO SANTISO, S.L. en diante tamén o Responsable, é o Responsable do tratamento dos datos persoais do Usuario e infórmalle que estes datos serán tratados de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro (LOPDGDD), polo que se lle facilita a seguinte información do tratamento:

 

Finalidades dos tratamentos:

·       Xestionar os contactos relacionados coas peticións e solicitude de servizos segundo as súas preferencias do solicitante en cumprimento da relación precontractual solicitada (Artigo 6.1.b RXPD). Se o usuario proporciona os seus datos para contactar, a través do correo electrónico ou postal,  chamada ou a través dos formularios dispoñibles, atenderemos a súa petición de solicitude ou consulta baseando o tratamento dos datos no interese lexítimo do responsable (Artigo 6.1.f RXPD )

·       Realizar comunicacións aos interesados que expresamente consintan (Artigo 6.1.a RXPD) para recibir información comercial e publicitaria e as nosas newsletter.

·       Atender o servizo de reserva nos restaurantes a través do formulario “Escoge tu mesa en Fogar do Santiso”, baseando o tratamento na relación precontractual iniciada polo interesado, (artigo 6.1.b RXPD e o consentimento do interesado (artigo 6.1.a RXPD), datos que se empregarán para a súa xestión administrativa e económica do servizo. Os datos da reserva e consumo tamén serán tratados coa finalidade facer un seguimentos dos intereses e preferencias dos nosos clientes para a mellora e deseño dos servizos do Fogar do Santiso.

·       Xestionar os contactos relacionados coas peticións e solicitude de información sobre os eventos máxicos, que inclúe o tratamento de datos para deseñar e planificar eventos, vodas e outros encontros, en base ao cumprimento precontractual (6.1.b RXPD) e ao interese lexítimo. 6.1.f RXPD

·       Obter información sobre as interaccións dos usuarios da páxina web, polos datos facilitados ou como resultado  de inferir ou capturar datos segundo o consentimento expreso proporcionado por lo interesado (Artigo 6.1.a RXPD), da cordo con expresado na Política de cookies. Tamén poderá tratar a información obtida para realizar estatísticas e estudos de mercado non individualizados en base ao interese lexítimo (Artigo 6.1.f RXPD ).

·       Xestionar os datos dos interesados nos  procesos de selección do persoal abertos ou sempre que nos comuniquen a súa interese en formar parte do equipo achegándonos seu currículo. Trataremos os teus datos en base ao consentimento que nos proporcione.

 

Criterios de conservación dos datos: conservaranse durante non máis tempo do necesario para o cumprimento das obrigas contractuais, para manter a finalidade do tratamento ata que non sexan necesarios para tal finalidade, en cuxo caso suprimiranse con medidas de seguridade adecuadas para garantir a seudonimización dos datos ou a destrución total dos mesmos. No caso de que tratemos os seus datos porque de xeito libre, expreso e inequívoco mostrou o seu consentimento marcando a casa correspondente, trataremos os datos mentres non o revogue.

 

Comunicación dos datos: os seus datos non serán transferidos a terceiro países e non se comunicarán a terceiros, agás obriga legal e se resulta preciso en relación ao servizo segundo se informa na presente política e as demais políticas e condicións contidas nesta web.

 

Dereitos que asisten ao Usuario: Os usuarios, titulares dos datos, por tanto interesados, teñen dereito a retirar o consentimento en calquera momento, así como dereito de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e á limitación ou oposición ao o seu tratamento que debe exercitar no enderezo Lugar de Trasellas nº 13 – Luou, Teo (A Coruña) Email: fogar@fogardosantiso.es, acreditando a súa identidade. O interesado tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

 

2. CARÁCTER OBRIGATORIO OU FACULTATIVO DA INFORMACIÓN FACILITADA POLO USUARIO

 

Os Usuarios, mediante a marcación das casas correspondentes e entrada de datos nos campos, marcados coa palabra (requirido ou *) nos formularios dispoñibles aceptan expresamente e de forma libre e inequívoca, que os seus datos son necesarios e de interese para atender a súa petición, sendo voluntaria a inclusión de datos nos campos restantes. O Usuario garante que os datos persoais facilitados ao Responsable son veraces e faise responsable de comunicar calquera modificación dos mesmos.

 

3. MEDIDAS DE SEGURIDADE

De conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, o Responsable está a cumprir con todas as disposicións esixibles para o tratamento dos datos persoais da súa responsabilidade, e manifestamente cos principios descritos no artigo 5 do RXPD, polos cales son tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación co interesado e os datos resultan adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cas finalidades para os que son tratados. O Responsable garante que implementou políticas técnicas e organizativas apropiadas para aplicar as medidas de seguridade que establecen o RXPD coa finalidade de protexer os dereitos e liberdades dos Usuarios e comunicoulles a información adecuada para que poidan exercelos.