Restaurante ecológico con terraza en Fogar do Santiso, ubicado en un museo en Allariz, en la Vía de la Plata, Ourense
Reserva a túa mesa
Á beira do Río Arnoia, o restaurante Fogar do Santiso Allariz en Ourense, é un restaurante ecolóxico e pet friendly que da vida hoxe a antiga fábrica de curtidos de Vilanova do século XVII. Unha parada obrigada na Ruta da Prata para os amantes de gastronomía de Galicia. Fogar do Santiso Allariz é un restaurante ecolóxico farm to table, cuns espazos interiores de gran beleza pola súa singularidade e unha gran terraza exterior con vistas ó río Arnoia e ó campo de Vilanova. O restaurante ofrece un concepto gastronómico con identidade propia, a nosa Cociña da Terra. Entra no Universo Fogar e goza dunha experiencia gastronómica única.
Goza dos sabores primitivos do noso concepto “Cociña da Terra”. Unicamente o noso produto local ecolóxico nas mellores brasas...
Verduras ecolóxicas que veñen a diario da nosa horta… Polbo que traen os nosos mariñeiros da ría de Aldán… e sobre todo, coas nosas terneiras de razas autóctonas de Galicia criadas para o Fogar felices, en liberdade e en ECOLÓXICO… nos mellores montes de Allariz, da Limia e do Xurés… que fan do restaurante Fogar do Santiso Allariz un auténtico TEMPLO DA CARNE. Pezas escollidas e maduradas adecuadamente nas cámaras do Fogar antes de levalas ás brasas de Allariz…
Pet friendly
Comida ecolóxica de tempada
Apto para Celíacos
Opcións Veganas
Onde estamos

Horarios Decembro 2025
ABERTO
VENRES E SÁBADOS
13:00 - 16:00
20:00 - 23:30
MÉRCORES- LUNS
13:00 - 16:00
MARTES
Pechado por descanso do persoal
Subscríbete á nosa Newsletter
Para estar ó día das novas do Fogar do Santiso
Os datos que rexistre, como interesado ou persoa que o representa, serán tratados por Fogar do Santiso, S.L., segundo o Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro ( LOPDGDD), para á subscrición á nosa newsletters, proporcionando o seu consentimento, en conformidade co artigo 21 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI). Pode solicitar máis información, darse de baixa e exercitar os dereitos de protección de datos fronte ao Responsable, no enderezo Lugar de Trasellas, 13 - 15886 Luou (A Coruña). Email: fogar@fogardosantiso.es. Máis información na Política de privacidade.















