Hortas Ecolóxicas

Nas Hortas do Fogar do Santiso

 As Hortas Ecolóxicas do Fogar do Santiso están ubicadas en Trasellas, a 300 metros do noso restaurante de Teo, O Fogar Orixinal.

 Todos os nosos restaurantes sirven as verduras que cultivamos nas nosas hortas ecolóxicas certificadas polo CRAEGA. 


 Somos Druidas e Labregos e poñemos en práctica os nosos coñecementos de agricultura ecolóxica nunha extensión de máis de 10 hª arredor do noso centro de produción. Aplicamos a todos os nosos cultivos os principios da agroecoloxía e a sustentabilidade.

Poderiamos resumir unha longa e laboriasa actividade labrega nos seguintes puntos:

> cultivamos 10 hectáreas de horta ecolóxica

> certificación: CRAEGA

> a 300 m do noso centro de producción: km0

> vendemos localmente os nosos cultivos

> priorizamos a plantación de varietais autóctonas

> todos os nosos restaurantes abastecénse exclusivamente das nosas hortas

> os excedentes diarios convírtense en conservas, salsas e xeados

 

A diario, a nosa horta ecolóxica, abastece de produto km0 ao noso centro de produción e ós nosos restaurantes. 

 Contamos coa certificación do CRAEGA e aplicamos a agroecoloxía no deseño, na selección dos cultivos e en todo o planeamento que se fai da horta todos os anos.

 O cultivos da horta varían según as estacións así podemos atopar os cultivos de inverno como Asa de Cántaro, qué é a tradicional berza, os porros, os repolos e outras coles ademáis dos grelos.

 No verán a horta estoupa en cor cos nosos tomates negros de Santiago, as berenxenas, o cabaciño e os pementos de Padrón... uns pican e outros non...

 Hai outros cultivos que se dan durante todo o ano, en parte polas particularidades das especies como son as cenorias ou as cebolas e outras que podemos manter grazas ó cultivo en invernadoiro como as leitugas e o "Mezclum de herbas" para as "Ensaladas dos Verdes Campos do Fogar"...

 A nosa Carta Meiga muda en función das estacións porque depende directamente dos nosos cultivos. 

 Non esperes máis e proba as nosas Verduriñas do Día nas Brasas ou a "Tempura dos malos Raios da Horta"... "O Caldo do Druida", as "Croquetiñas de Grelos",  "Empanada de grelos da hortiña con queixo da Vaquiña".... 

Se queres "Tomates Negros de Santiago" ou "Pementos de Padrón" da nosa horta tócache esperar á tempada.... a nos tamén nos tardan!!!

COMPARTE ESTE post
Arquivo
Fogar do Santiso, desde 1996
A restauración como medio para por en valor a cultura local, o mundo rural e as tradicións galegas