Organic Gardens

En do Fogar do Santiso cultivamos o que servimos
4 de febreiro de 2025 by

 As Hortas Ecolóxicas do Fogar do Santiso certificadas polo CRAEGA están ubicadas en Trasellas, a tan só 300 metros do noso restaurante de Teo, O Fogar Orixinal.

 Desde o respeto pola terra e a sabedoría ancestral, producimos verduras frescas, de tempada e 100% ecolóxicas que abastecen a todos os nosos restaurantes. 


 Somos Druidas e Labregas, combinamos unha forma de cultivar baseada no coñecemento tradicional e a innovación sustentable. Máis de 10 hª de cultivo onde aplicamos os principios da agroecoloxía, a soberanía alimentaria e o modelo circular, para alimentar de verdade e coidar o territorio. 

A nosa actividade agroecolóxica resumida en datos sería:

> Cultivamos 10 hectáreas de horta ecolóxica certificada

> Certificación oficial: CRAEGA

> Ubicadas a 300 m do noso centro de produción: auténtico kilómetro 0

Comercialización local dos nosos cultivos frescos e de tempada

> Priorizamos a plantación de varietais autóctonas e tradicionais

> Autosuficiencia total: todos os nosos restaurantes abastecénse exclusivamente das nosas hortas

> Transformamos os excedentes diarios convírtense en conservas, salsas e xeados artesanais.

 

A diario, a nosa horta ecolóxica, abastece de produto kilómetro 0 ó noso centro de produción e a todos os nosos restaurantes. 

 Contamos coa certificación do CRAEGA e aplicamos os principios da agroecoloxía no deseño, na selección dos cultivos e en todo o planeamento que se fai da horta todos os anos.

 O cultivos da horta varían según as estacións. No inverno cultivamos verduras como Asa de Cántaro, qué é a tradicional berza galega, os porros, os repolos e distintas variedades de coles... E como non, grelos.

 No verán a horta estoupa en cor cos nosos tomates negros de Santiago, as berenxenas, o cabaciño e os pementos de Padrón... uns pican e outros non...

 Hai outros cultivos que se dan durante todo o ano, en parte polas particularidades das especies, como son as cenorias ou as cebolas e outras que podemos manter grazas ó cultivo en invernadoiro como as leitugas e o "Mezclum de herbas" para as "Ensaladas dos Verdes Campos do Fogar"...

 A nosa Carta Meiga muda en función das estacións porque depende directamente dos nosos cultivos. 

 Non esperes máis e proba as nosas Verduriñas do Día nas Brasas ou a "Tempura dos malos Raios da Horta"... "O Caldo do Druida", as "Croquetiñas de Grelos",  "Empanada de grelos da hortiña con queixo da Vaquiña".... 

Se queres "Tomates Negros de Santiago" ou "Pementos de Padrón" da nosa horta tócache esperar á tempada.... a nos tamén nos tardan!!!

COMPARTE ESTE post
Arquivo