Se queres descubrir lugares con encanto en Galicia, especialmente na Primavera, no Fogar do Santiso tes un destino único para pasar un día en familia na contorna de Santiago de Compostela.
O Fogar do Santiso é un restaurante integrado totalmente na Natureza. Un restaurante no que se pode dicir que máis que unha terraza exterior, temos moitos espazos diferentes que se misturan coas árbores e os regatos que serpentean polos nosos alpendres.
Comer baixo un manto de flores agarimado por xenerosas sombras... é un poema que se converte en realidade no Fogar do Santiso...
Vive unha experiencia gastronómica máxica gozando da nosa Cociña da Terra, 100% ecolóxica e 100% galega baixo a sombra dos nosos carballos ou da nosa cepa centenaria na Viña.
Goza do son da auga dos nosos regos e fontes, mentres os teus fillos xogan no noso parque infantil baixo a mirada do noso gran Druida de pedra ou se esconden entre dólmenes máxicos, gravados coa lírica e poemas do nosos fundador Xosé Santiso.
O Fogar do Santiso naceu xa no 1996 co propósito de integrarse na Natureza mediante técnicas de bioconstrución, é dicir, aproveitando os propios recursos que facilita a nosa contorna natural con materiais orgánicos e integrados totalmente co medio que nos rodea.
Estamos en Teo sí, na parroquia de Luou e concretamente no Lugar de Trasellas, en plena Galicia rural, rodeados de Natureza, das nosas hortas ecolóxicas certificadas, dalgunha veciña, e de trasgos, druidas e meigas boas....
....E se chove.... LUME!!!!