O noso equipo de Meigoplaners encárgase de deseñar e producir de forma integral eventos con identidade propia. Ofrecemos unha experiencia única de inmersión no Universo Fogar.
O Fogar do Santiso ten cinco restaurantes singulares ubicados en lugares históricos ou espazos naturais protexidos: na Rúa do Franco en Santiago de Compostela, nun museo etnográfico en Allariz -Ourense, na praia de Santa Cristina- A Coruña, na praia de Lapamán - Pontevedra e a nosa sede en Teo; O Fogar do Santiso Orixinal; un referente etnográfico na difusión da cultura galega.
Dispoñenos de fincas ó aire libre con capacidade para máis de 1000 persoas e medios de restauración para a montaxe de eventos en calqueira localización.
Eventos Ecofriendly
Toda a nosa filosofía segue os criterios de sostibilidade. Desde os servizos para os comensais pasando polo moviliario e a ambientación, na que empregamos elementos vexetais e orgánicos e obxetos antigos que cobran unha segunda vida.
Localizacións Exclusivas
O Fogar do Santiso dispón de diferentes espazos exteriores e interiores, cada un coa súa particular personalidade:
Na Viña, en Bosques Máxicos, nunha Cova, na praia... e nos nosos emblemáticos Fogares.
Teambuilding | INDITEX
Descubrindo a agricultura Ecolóxica
Cultivos e técnicas tradicionais de Galicia nas 10 hª das nosas hortas de agricultura ecolóxica
Centro de procesado da nosa granxa
Coñece como transformamos as nosas materias primas co máximo respeto e seguindo sempre os principios de sostibilidade.
Experiencia Cociña Ancestral
Cea degustación teatralizada co mellor produto ecolóxico da Terra, cociñado nas chamas do lume
Colleita na horta
Colleita os alimentos que vas a cociñar e comer... Saben mellor! Desestrésate nas hortas en contacto coa terra e goza cos sabores e coa frescura dos alimentos ecolóxicos.
Obradoiros artesanais do Fogar
Aprende nos nosos obradoiros de panadería e repostería artesanal participando nun taller de pan con fermento e biscoitos ecolóxicos.
Rituais Ancestrais
Amenizada con Druídas e Música tradicional en directo e acompañada cos conxuros e Brebaxes das Meigas e Labregas e coa mítica “Queimada do Druida"
Incentivo | Groups2go
Música tradicional e performance
Actuacións de músicos tradicionais en directo que inundan os diferentes momentos do evento e que completan o show gastronómico.
Bandas musicais e DJ
Contamos con diferentes bandas musicais de diversos estilos para que aderecen ó evento con música en directo.
Espectáculos e Rituais Ancestrais
Amenizada con Druídas , Meigas e Labregas, Mago do Bosque, os Trasgo Árbores... Todo o que poidas imaxinarno Universo Fogar.
Ambientación
Decoración sostible e orgánica, acorde ó espectáculo cultural e gastronómico con todo o equipo caracterizado.
Show Cooking teatralizado
Cociñado da nosa CARTA MEIGA teatralizado coa particular posta en escena do noso universo de Druidas e Labregos: Druida do caldo, Pulpeira Meiga, Druidas das Brasas...
Mixología Orgánica
Pócimas e brebaxes do noso "Mixólogo Labrego", o noso Viñador, o Bruxo Queimador...
Teambuilding | DMC Travel
Ambientación
Decoración e equipo caracterizado para xerar unha atmosfera totalmente inmersiva nesta experiencia.
Show Cooking Teatralizado
A experiencia gastronómica vai máis alá dunha simple degustación. O cociñado e os servizo forman parte do noso show gastronómico.
Espectáculos e Rituais Ancestrais
Varios rituais dos nosos druidas e meigos medievais que culminaron cunha gran Queimada!
Xogos Populares
Participación en xogos populares e actividades lúdicas baseadas na temática do evento.
Cata de Viños Ecolóxicos
Degustación de viños ecolóxicos de diferentes adegas e de varias D. O. guiadas por un experto.
Talleres de gastronomía artesanal
Participación activa na elaboración de diferentes produtos gastronómicos do noso obrador artesanal de panadería.
Experiencia Lume | DIWOTO - Mellor Viaxe de Incentivo Premios Evento Plus 2024
Esta experiencia ten un marcado carácter etnográfico e antropolóxico cunha cea tetralizada cunha degustación de produtos ecolóxicos da gastronomía tradicional galega cociñados nunha gran lareira tradicional.
Fogar Vello
Experiencia gastronómica ancestral totalmente inmersiva e única para gozar da cultura o dos sabores da Galicia Máxica no auténtico Fogar Vello.
Música tradicional e performance
Amenizada con Druídas e Música tradicional en directo
Cea Teatralizada
Cea degustación teatralizada co mellor produto ecolóxico da Terra cociñado no lume da lareira.
Brebaxes e Queimada do Druida
Acompañada cos conxuros e Brebaxes das Meigas e Labregas e coa mítica “Queimada do Druida
Deseñado para dar de comer a milleiros de persoas en showcookings, eventos, feiras, congresos e promocións. Conta con cociñas, office, 30 metros de mostradores e máis de 50 metros cuadrados de escenario para o público.
Totalmente personalizable e versátil. Un restaurante móvil con cociña totalmente equipada e cunha barra de 7 m de lonxitude listo para dar servizo a pé de rúa!
Stands de restauración totalmente equipados
Seguindo sempre o principio de sostibilidade e recuperando espazos mediante a bioconstrución nacen os Stands do Fogar do Santiso. Antigos Containers totalmente habilitados para ser un stand ou unha estación de cociñado 100% personalizables.
Outros servizos e alugueiro
Estacións de Josper
Contamos con diferentes estacións de cociñado coas mellores parrillas e fornos á brasa do mercado.
Estacións Restauración
Oferta de diferentes postos para cociñado.
Estacións Bebidas
Oferta de diferentes postos de bebidas orgánicas.
Medios técnicos
Iluminación, son, audivisuais...
Stands de produto
Stands para venda ou exposición de produtos
Postos de Degustación Ecolóxica
Empanadas, postos de queixos, corte de xamón...
Carpas, ambientación, moviliario
Montaxe de carpas, elementos decorativos, moviliario, cuberterías....
Espectáculos - música en directo - shows
Temos unha gran variedade de artistas con diferentes habilidades: grupos de música, artistas de circo, djs....