Queimada Verán 2025 no Fogar do Santiso en Teo e Santiago de Compostela

Un ritual dos nosos Druídas e Labregos con conxuro orixinal de Xosé Santiso
27 de maio de 2025 by
Queimada Verán 2025 no Fogar do Santiso en Teo e Santiago de Compostela
Marketing

O Ritual da Queimada Verán 2025 no Fogar do Santiso Teo celébrase todas as noites de verán a partir do 15 de Xullo.

Se estás pasando as túas vacacións en Galicia tamén podes gozar deste ritual todas as noites de verán en Fogar do Santiso Compostela

Se queres vivir unha experiencia máxica en Galicia o ritual da Queimada no Fogar do Santiso en Teo é unha cita obrigada. A partir do 15 de Xullo todas as noites dos Sábados son Noites Meigas no Fogar do Santiso en Teo

 No Fogar, temos todo un Universo propio, toda unha identidade baseada na cultura popular galega, e a Queimada é un ritual que forma parte dese imaxinario.

O conxuro da Queimada no Fogar do Santiso ten nome propio; Xosé Santiso que compuxo todo o recitado que él mismo interpreta en moitas ocasións para deleite dos asistentes.

 A visita a Fogar do Santiso en Teo é unha experiencia en si mesma polo orixinal, enxebre e pintoresco que é este restaurante en Teo, na contorna de Santiago de Compostela. Un local bioconstruido e integrado totalmente na Natureza, con regatos e fontes que serpentean entre as mesas, e cunha gastronomía de produto propio ecolóxico, cociñado directamente na brasa. 

 Non hai un marco máis singular para vivir unha auténtica "Noite Meiga".

 A personalidade das nosas Labregas, as artes máxicas do noso Druída, a nosa Queimada con ritual propio e feita co augardente do Fogar, envólvente nun encanto máxico dunha noite de verán en Galicia.

 As labregas e os druídas beben Queimada e quedan esconxurados... e ti?

Vas quitar o diaño do corpo?

 


COMPARTE ESTE post
Arquivo