O Ritual da Queimada Verán 2025 no Fogar do Santiso Teo
Se queres vivir unha experiencia máxica en Galicia non te perdas o ritual da Queimada no Fogar do Santiso en Teo. A partir do 1 de Xuño todas as noites dos Sábados son Noites Meigas no Fogar do Santiso en Teo.
No Fogar, temos todo un Universo propio, toda unha identidade baseada na cultura popular galega, e a Queimada é un ritual que forma parte dese imaxinario.
O conxuro da Queimada no Fogar do Santiso ten nome propio; Xosé Santiso que compuxo todo o recitado que él mismo interpreta en moitas ocasións para deleite dos asistentes.
A visita a Fogar do Santiso en Teo é unha experiencia en si mesma polo orixinal, rústico e pintoresco que é este restaurante en Teo, na contorna de Santiago de Compostela. Un local bioconstruido e integrado totalmente na Natureza, sucado por arroios e fontes... e cunha gastronomía de produto propio ecolóxico, cociñado directamente na brasa. Non pode haber un marco máis singular para vivir unha auténtica "Noite Meiga". A personalidade do noso Labrador, as artes máxicas do noso Druída, a nosa Queimada con ritual propio e feita co noso augardente do Fogar envolveranche nun encanto máxico dunha noite de verán en Galicia.
Os labregos e os druídas beben Queimada e quedan esconxurados... e ti?
Vas quitar o demo do corpo?