Fogar do Santiso, desde 1996

A restauración como medio para por en valor a cultura local, o mundo rural e as tradicións galegas


Fogar do Santiso desde 1996: de ónde Partimos  


Fogar do Santiso abriu as súas portas como restaurante en maio de 1996 como un proxecto familiar. A restauración foi o medio a través do cal, se buscou poñer en valor a cultura local, o mundo rural e as tradicións galegas. 

 Utilizando a gastronomía e as tradicións ancestrais, o Fogar logrou conectar cos sentimentos da xente e activar a conciencia colectiva, alcanzando un éxito rotundo tanto en visitas como no seu modelo de negocio. Co paso dos anos, Fogar do Santiso consolidouse como un referente cultural e gastronómico en Galicia. 

  En 2007, o proxecto deu un xiro cara á sustentabilidade real, non só do campo, senón tamén do seu propio futuro a longo prazo. Foi nese momento cando naceu un novo modelo de restauración 360º, que poñía o foco na dignificación do medio rural e das persoas que o habitan. 

 Creouse un ecosistema propio de autoabastecemento, coa produción ecolóxica como eixo central, promovendo a creación dunha rede de produción vinculada á orixe, ó local e ó produto de tempada. 

 Esta reconsideración levou á visión dun Fogar cunha proxección de 100 anos, onde a difusión da cultura galega, a potenciación do consumo local e responsable, a defensa do medio ambiente e a recuperación das tradicións agrícolas convertéronse nos piares fundamentais para construír un futuro máis sostible para a nosa terra. 

 Deste xeito, Fogar do Santiso desenvolveu un modelo empresarial baseado na bioeconomía, buscando xerar un impacto social e ecolóxico positivo. O obxectivo sempre foi pechar o círculo de forma integral: producir, transformar, alimentar e reciclar, logrando unha pegada ecolóxica mínima e un residuo case nulo. 

 O noso enfoque non só mellora o benestar do planeta, senón tamén o das persoas que o habitamos. Este compromiso coa sustentabilidade e a economía circular segue sendo o núcleo da nosa filosofía: un modelo de restauración que non só alimenta, senón que tamén respecta e protexe a nosa contorna e as tradicións que nos definen.


COMPARTE ESTE post
Arquivo
Cultura de Empresa
A nosa forma de entender a vida