Fogar do Santiso, gañador XVI Premios ao Desenvolvemento Rural (AGADER)

Fogar do Santiso gañador na categoría de sector agro-gandeiro nos XVI Premios ao Desenvolvemento Rural AGADER
3 de decembro de 2025 by
Fogar do Santiso
| No comments yet

O proxecto Fogar do Santiso foi recoñecido como gañador na categoría de “sector agro-gandeiro” nos XVI Premios ao Desenvolvemento Rural AGADER como modelo de desenvolvemento rural que integra innovación, cultura e sustentabilidade en restauración e agroalimentación.

 Os XVI Premios AGADER reuniron nesta edición máis de corenta candidaturas procedentes de toda Galicia, unha mostra da vitalidade e diversidade de iniciativas que están a impulsar o desenvolvemento do noso rural. A entrega de premios celebrouse no Hotel San Francisco, en Santiago de Compostela, o pasado 28 de novembro de 2025. 

 O recoñecemento da AGADER, non só premia a calidade e coherencia do proxecto, senón que tamén reforza a súa capacidade para inspirar outras iniciativas que aspiren a un rural máis sostible, moderno e competitivo. Desde a organización dos premios destácase que proxectos como este son “unha mostra viva” do talento, da visión e da forza da xente que está a transformar o presente e a construír o futuro do rural galego. 

O segundo premio foi para Traloagro, produtores ecolóxicos certificados de produtos cárnicos en Friol e vellos coñecidos nosos ós que felicitamos 

Primeiro premio Sector Agro-Gandeiro

Premio ó proxecto Fogar do Santiso

Fogar do Santiso comezou como proxecto familiar en 1996 en Teo. Ó longo dos anos evolucionamos ata converternos nun modelo de desenvolvemento rural que integra agricultura, gandaría, restauración e produción agroalimentaria con criterios de sustentabilidade e calidade. 

Producimos 

Alimentamos 

 A trazabilidade dos nosos produtos ecolóxicos e o noso modelo “da granxa á mesa” foron feitos destacados neste premio como compromiso co medio ambiente e coa comunidade local.

Premio para o rural galego

Este premio é un recoñecemento é unha mostra de apoio a propostas que optan  pola innovación, e comprométense coa sustentabilidade e co arraigo no territorio. 

 Premiar proxectos como Fogar do Santiso, Traloagro e o resto de participantes nas diversas categorías, é un indicativo de que a AGADER aposta polo talento que se concentra no rural galego.  

 Apostar polo rural está no ADN do Fogar do Santiso e desde este artigo queremos mostrar a nosa gratitude por este premio outorgado pola AGADER. Tamén queremos amosar o noso meirande apoio a todas aquelas iniciativas que participaron nesta edición, e que combinan a transformación do rural a través da I+D+i co respecto pola contorna e cunha visión de futuro a longo prazo para a nosa terra.

Referencias:

Fogar do Santiso 3 de decembro de 2025
COMPARTE ESTE post
Arquivo
Sign in to leave a comment