Fogar do Santiso é un grupo gastronómico 360º con restaurantes en Galicia nos que vivir unha experiencia gastronómica ecolóxica e sostible, baseada na nosa Cociña con Cultura baseada nos nosos produtos de tempada de produción ecolóxica maridados cos nosos brebaxes orgánicos Greenmixology e da nosa cervexa Peregrina.
Anímate a facer a unha ruta gastronómica por Galicia ou aproveita a túa visita á nosa comunidade para descubrir os restaurantes Fogar do Santiso.
Os Fogares son espazos singulares e únicos, puntos de encontro que te introducen no Universo Fogar. Os nosos restaurantes son petfriendly e están ubicados en espazos singulares, recuperados mediante técnicas de bioconstrución. Ambientados con elementos líricos da nosa filosfía e cultura do Fogar, e decorados con obxectos antigos que recuperan a memoria da auténtica Galicia rural.

Fogar do Santiso Compostela – Situado na Rúa do Franco, un auténtico restaurante farm to table en plena Zona Monumental de Santiago de Compostela e no que podes gozar das nosas Noites Meigas os Venres e os Sábados co ritual da Queimada!

Fogar do Santiso Teo – O noso Fogar orixinal, en plena natureza. Autenticidade galega na súa máxima expresión envolta no noso modelo de sustentabilidade e agroecoloxía. Volta á orixe e vive unha experiencia única.

Fogar do Santiso Allariz – Un restaurante-museo nunha das vilas máis fermosas de Galicia, Allariz; na provincia de Ourense en plena Vía da Prata. Un restaurante no que gozar dos nosos produtos ecolóxicos: carnes á brasa da nosa gandería criada en libertade, verduras da nosa horta e pesca das nosas Rías.

Fogar do Santiso A Coruña – A nosa cociña con cultura e alma rural nun restaurante farm to table e petfriendly no centro da Coruña; na contorna da Praza de Vigo.

Reserva a túa mesa e desfruta dos sabores primitivos, honestos e auténticos nos restaurantes Fogar do Santiso en Galicia.
¡Saúde e Terra!