Reserva a túa mesa
O Fogar do Santiso non é un restaurante convencional! Somos un restaurante en plena naturaleza, con grandes terrazas exteriores baixo a sombra dos carballos. Un lugar único para visitar en Galicia, ubicado en Teo, na contorna de Santiago de Compostela.
Todas as noites do verán os Druídas e Labregas aparecen para facer o ritual da Queimada, e foliar coa música tradicional galega en directo.
Vive unha experiencia ancestral en Galicia, goza da cultura labrega, do patrimonio inmaterial, da paixón pola terra!
Fai trinta anos que se fundou Fogar do Santiso Teo, construido pola familia Santiso mediante técnicas de bioarquitectura, o restaurante fúndese coa Natureza e emprega materiais de proximidade e reciclados para crear un ambiente que honra á sustentabilidade dun xeito creativo.
Sentar sen postureo nun banco retorto debaixo da "Viña", ou dos vellos "Alpendres", gozar do pracer de comer coas mans, inspirarse no vento, nos carballos ou nos brebaxes do Druída... Celebrar un evento na "Cova do Druída" ou no "Bosque Máxico"…
Deixa que o feitizo do Fogar te envolva nunha experiencia gastronómica única na natureza Máxica!
En 1996 abrimos o noso proxecto gastronómico, cultural e familiar en Teo (Galicia), como medio para por en valor a nosa aldea, a cultura popular e as tradicións labregas. Hoxe en día somos un referente empresarial en gastronomía e alimentación ecolóxica, baseada nun modelo de sostibilidade 360º que pon en valor os produtos da nosa TERRA, que promove a soberanía alimentar, a autosuficiencia e a biodiversidade.
Orgullosos da nosa horta, das nosas vaquiñas, do noso forno, da nosa xente... Traballamos coas nosas mans na terra, ó carón do lume…
Somos os de sempre! Druídas e Labregas orgullosos da súa aldea; cos pés, a alma e o corazón na nosa Terra...

Petfrienly

Comida ecolóxica de tempada

Apto para Celíacos

Opcións Veganas
Onde estamos
Trasellas 13, 15883 Teo, A Coruña

Horarios
1 DE XUÑO - 31 DE AGOSTO
ABERTO TODOS OS DÍAS
13:00h - 16:00h
20:00h - 23:30h
Pechamos Domingos pola Noite
Os datos que rexistre, como interesado ou persoa que o representa, serán tratados por Fogar do Santiso, S.L., segundo o Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro ( LOPDGDD), para á subscrición á nosa newsletters, proporcionando o seu consentimento, en conformidade co artigo 21 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI). Pode solicitar máis información, darse de baixa e exercitar os dereitos de protección de datos fronte ao Responsable, no enderezo Lugar de Trasellas, 13 - 15886 Luou (A Coruña). Email: fogar@fogardosantiso.es. Máis información na Política de privacidade
“BONO EQUIPAMENTO- MERCA DE LAVALOUZAS”