Bosque Máxico

Unha carballeira centenaria

 Se estás pensando en celebrar a túa voda en Galicia, o Fogar do Santiso conta cunha carballeira centenaria, unha finca para a celebración de vodas ó máis puro estilo galego; o noso Bosque Máxico.

 A nosa carballeira é un espazo singular e representativo da paisaxe tradicional galega. Na nosa cultura popular, as carballeiras sempre foron escenarios privilexiados para a celebración das festividades máis diversas: romarías, xantares, verbenas.... 

 O noso Bosque Máxico conta cunha gran extensión para celebrar a túa voda de forma integral ó aire libre. Presenta unha diversidade de espazos polos que transitar nos diferentes momentos da festa. 

 Personalizamos as Cerimonias con elementos de mobiliario antigo e decoración orgánica.  Escollemos elementos naturais que armonicen coa propia vexetación do Bosque Máxico ademáis de artigos moi singulares e representativos da filosofía do Fogar, baseada sempre na agroecoloxía e na sustentabilidade.

 Poñemos en valor a reutilización de mobiliario antigo, como bancos de igrexa e outras pezas singulares que acompañan a decoración para personalizar a voda a cada parella... xa que cada persoa é diferente. 



 A maxia das Meiga Planners inunda toda a carballeira creando varios ambientes para o aperitivo, o xantar, as brebaxes, a festa rachada.... 



 No Fogar do Santiso as vodas son ocasións únicas para ensalzar o noso concepto gastronómico de Cociña da Terra: verduras da nosa horta ecolóxica, razas autóctonas galegas criadas en liberdade e pesca das nosas rías.

 A Papatoria conta con máis de trinta referencias de produto ecolóxico local ó máis puro estilo galego de fartura.... ademáis de sorpresas dos nosos Druidas, Labregos, Trasgos e Meigas que non pararán no seu empeño de que saias ben mantido, e esconxurado....

 Se queres celebrar unha voda auténtica, que sexa orixianl pero que conserve a personalidade da nosa Terra, Galicia... o Fogar do Santiso fará que vivas a mellor festa da túa vida. 

 Confía nos Meiga Planners e déixate levar polo feitizo do Fogar! 

CITA 

COMPARTE ESTE post
Arquivo