Reserva a túa mesa
O Fogar en Compostela
O restaurante ecolóxico Fogar do Santiso Compostela é un recuncho singular e enxebre da Galicia Rural na Rúa do Franco, no corazón da Zona Vella de Santiago de Compostela a poucos metros da Catedral. Creouse como un espazo eco gastronómico onde a Cultura e a alimentación ecolóxica local son protagonistas. Somos o único restaurante "farm to table" de Santiago de Compostela, cun concepto propio que vai mais alá dun restaurante…
Non somos convencionais… Ecodeseñamos e construímos con materiais recuperados e reciclados, poñemos en valor a ecoloxía e a nosa Terra…
Sumérxete no Universo Fogar e goza dunha experiencia gastronómica única con identidade propia…
Vive o ritual da QUEIMADA e goza da cultura ancestral! NOITES DE DRUÍDAS!!!
Da nosa Granxa á Brasa
A nosa carta faise coas Verduras ecolóxicas que veñen a diario da nosa horta… cos produtos frescos que traen os nosos mariñeiros da ría… coa nosa terneira de razas autóctonas de Galicia á brasa… cos nosos xeados e postres artesanais... Cos brebaxes ecolóxicos que elaboran os nosos Druídas; viños, vermú, sangría, cervexa Peregrina e licores do Fogar.
Goza dos sabores primitivos do noso concepto “cociña da terra”. Unicamente o noso produto local ecolóxico nas mellores brasas…
Onde estamos
Fogar do Santiso Compostela
Rúa do Franco, 36,38, 15704
Santiago de Compostela
marelume@fogardosantiso.es
+34 981 58 31 12
Horarios
ABERTO TODOS OS DÍAS
13:00h - 16:00h
20:00h - 23:30h
Pechado 10 de Decembro
Pechado 8 de Xaneiro 2025
QUEIMADA TODAS AS FINES DE SEMANA
Os datos que rexistre, como interesado ou persoa que o representa, serán tratados por Fogar do Santiso, S.L., segundo o Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro ( LOPDGDD), para á subscrición á nosa newsletters, proporcionando o seu consentimento, en conformidade co artigo 21 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI). Pode solicitar máis información, darse de baixa e exercitar os dereitos de protección de datos fronte ao Responsable, no enderezo Lugar de Trasellas, 13 - 15886 Luou (A Coruña). Email: fogar@fogardosantiso.es. Máis información na Política de privacidade
“BONO EQUIPAMENTO- MERCA DE LAVALOUZAS”