Fogar do Santiso - restaurantes ecológicos, agroecología, modelo circular y sostenibilidad real en Galicia. Producción propia, cocina de kilómetro 0 y compromiso con el residuo cero desde 1996
Reserva a túa mesa

O Fogar do Santiso é un proxecto 360º, un grupo gastronómico e cultural referente en restaurantes sustentables en Galicia desde o ano 1996.
Somos un grupo gastronómico sustentable e ecolóxico baseado nun modelo circular que promove a saúde, a cultura e a sustentabilidade económica, social e medioambiental. Estamos orgullosos das nosas tradicións Labregas e dos nosos produtos locais km 0.
Seguiremos dignificando o rural sempre!
DA NOSA GRANXA ECO Á MESA, os nosos restaurantes ecolóxicos son pioneiros no concepto "Farm to table" en España.... Levamos máis de 20 anos producindo as nosas materias primas na nosa granxa ecolóxica en Teo.
Traballamos polo futuro da nosa Terra
+29 anos dando a brasa


Pesca das nosas Rías
Establecemos acordos coas cofradías de pescadores das nosas rías e só ofrecemos pesca artesanal de baixura nos nosos restaurantes.

Da nosa granxa ecolóxica
A
carne que ofrecemos en todos os nosos restaurantes son de animais felices que pastan en
liberdade procedentes de razas autóctonas criadas en ecolóxico.
A Queimada é unha tradición popular galega.
Todos os Venres e Sábados goza das Noites Meigas en Fogar do Santiso Compostela
e todos os Sábados de xuño Queimada no Fogar do Santiso en Teo

O noso Druida facendo a Queimada co seu propio Conxuro... LUME!!!

O Fogar orixinal... Un lugar máxico rodeado de Natureza, un restaurante ecolóxico en Teo que é único, auténtico e inspirador que leva creando conciencia desde 1996... Somos ecoloxistas, Druídas, Labregas, músicos, poetas... persoas traballando pola nosa Terra.
FOGAR DO SANTISO TEO

A gastronomía do Fogar nun restaurante ecolóxico en pleno corazón de Santiago de Compostela, na Rúa do Franco. Único restaurante "farm to table" da capital de Galicia.

Recuperamos un punto de encontro gastronómico para xeracións de coruñeses, o restaurante O Bó do Santiso na contorna da Praza de Vigo recolle o relevo do tradicional mesón.

Restaurante ecolóxico e museo etnográfico en Allariz, ubicado na antiga fábrica de Vilanova do S.XVII á beira do Río Arnoia.

Restaurante ecolóxico aberto na tempada de verán para gozar da vida mariñeira na espectacular praia de Lapañán. Cociña da Terra co solpor máxico do Morrazo.
FOGAR DO SANTISO LAPAMÁN
A nosa cervexa
Descubre a auténtica cervexa do Camiño de Santiago. A nosa Rubia Galega e a Druida Tostada do Fogar.
Os datos que rexistre, como interesado ou persoa que o representa, serán tratados por Fogar do Santiso, S.L., segundo o Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro ( LOPDGDD), para á subscrición á nosa newsletters, proporcionando o seu consentimento, en conformidade co artigo 21 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI). Pode solicitar máis información, darse de baixa e exercitar os dereitos de protección de datos fronte ao Responsable, no enderezo Lugar de Trasellas, 13 - 15886 Luou (A Coruña). Email: fogar@fogardosantiso.es. Máis información na Política de privacidade